INTRÓNS E EXÓNS: Codificadores ou non de proteínas.

Un intrón é un fragmento de ADN que está presente nun xen pero que non codifica ningún fragmento da proteína. Os intróns son eliminados no proceso de maduración do ARN.

Os xenes humanos están constituidos por fragmentos de dúas clases: Intróns e Exóns. Os exóns son os fragmentos do xen que codifican aminoácidos da proteína mentras que os intróns son fragmentos do xen que se encuentran separando os distintos exóns e non codifican aminoácidos. Nun primeiro momento da transcrición, a información xenética pasa do ADN ao ARN e prodúcese un ARN inmaduro que contén unha copia exacta do xen, con exóns e intróns. No proceso de maduración do ARN que ocorre no núcleo  elimínanse os intróns que pertencen ó ADN lixo (que é a maior parte do ADN) e péganse os exóns para formar un ARN maduro que xa pode saír do núcleo cara o citoplasma. Aínda que pode parecer que os intróns non serven para nada xa que son eliminados neste proceso, isto non é certo xa que en moitas ocasións conteñen importantes sinais reguladoras do xen. Por outra parte, a súa existencia permite que os xenes sexan modulares e que se poidan combinar os exóns de diversas maneiras producindo proteínas diferentes cun mesmo xen. Por último, esta modularidade foi un factor moi importante na evolución dos xenes.

 

https://www.youtube.com/watch?v=vFPL8WnKHnc

ENLACE

ENLACE 2

ENLACE 3

María Janeiro Couceiro

Clara Villamayor Rey

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta