Fabricación de proteínas para a industria de deterxentes.

Como resultado de aplicar a enxeñaría xenética á obtención de produtos comerciais, en 1975 naceu unha nova industria: a biotecnoloxía. a partir de entón o ADN xa non só lles interesaba aos biólogos, senón tamén a industrias moi diversas de grande importancia económica.

O primeiro produto que se produciu e se comercializou foi a insulina humana. A produción de insulina humana no interior de bacterias permitiu prescindir das insulinas de porco ou de vaca que viñan inxectando os diabéticos e que, ao non seren idénticas á humana, poderían producir algúns problemas relacionados con reaccións inmunolóxicas adversas.

A Lipolasa® de Novo-Nordisk é a primeira enzima obtida mediante enxeñaría xenética aprobada para deterxentes. O xen desta lipasa, que rompe enlaces das graxas, aislado do fungo Humicola transferiuse a Aspergillus oryzae.

Subtilisina é unha encima proteasa (é dicir, rompe os enlaces das proteínas) non específico que se obtivo inicialmente da bacteria Bacillus subtilis. As subtilisinas transformadas por enxeñaría xenética utilízanse moito en produtos comerciais (o encima nativo é doadamente inactivado por deterxentes e temperaturas altas) para mellorar deterxentes usados na limpeza en lavandarías, deterxentes de lavalouzas, cosméticos, procesamento de alimentos, pomadas para o coidado da pel, limpeza de lentes de contacto, e en investigación en química orgánica sintética.

Bibliografía:

http://www.ugr.es/~eianez/Biotecnologia/ingenetindustrial.htm

 

Borja Fdez-Nóvoa Castedo

Andrea Durán Liñares

 

 

 

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta