A clonación

Clonación

A clonación é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Nun sentido biolóxico resulta cunha molécula, unha célula e incluso un organismo multicelular idéntico ao orixinal. Ás veces este término pode aplicarse aos clones “naturais”, como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente

Clonación molecular

A clonación molecular refírese ao proceso de illar unha secuencia de ADN de interese, inserilo nun plásmido e obter múltiples copias dela nun organismo (xeralmente procariota) por acción da ADN polimerasa. A clonación emprégase frecuentemente para amplificar fragmentos de ADN que conteñen xenes, un paso esencial na análise subsecuente.

Frecuentemente, o termo clonación é erroneamente utilizado para referirse á identificación dunha localización cromosómica dun xen asociado cun fenotipo de particular interese, coma na clonación posicional. Na práctica, a localización dun xene nun cromosoma ou rexión xenómica non necesariamente permite illar ou amplificar a secuencia xenómica de interese.

Clonación celular

Clonar unha célula significa derivar unha poboación celular a partir dunha soa célula. Ese é un importante procedemento in vitro cando se desexa a expansión dunha soa célula con certas características. Unha valiosa técnica de cultivo de tecido utilizada para clonar distintas liñaxes de células inclúe o uso de aros de clonación (cilindros). De acordo con esta técnica, unha suspensión unicelular de células que foron expostas a un axente mutaxénico ou a unha droga utilizada para propiciar a selección ponse en dilución alta para crear colonias illadas; cada unha provindo dunha soa célula potencialmente clonicamente distinta. Nun estado inicial de crecemento de só unhas cantas células, aros estériles de polistireno (aros de clonación), os cales foron somerxidos en graxa, son postos sobre unha colonia individual e unha pequena cantidade de tripsina é agregada. As células clonadas recoléctanse de dentro do aro e son transferidas a un novo contedor para maior crecemento. A maioría dos individuos empezan como cigotos e por isto resultan en expansión clónica in vitro.

Clonación de organismos

A clonación dun organismo pretende crear un novo organismo coa mesma información xenética que outro xa existente. É un método de reprodución asexual, onde a fertilización non ocorre. En termos xerais, só hai un pai involucrado. Este xeito de reprodución é moi común en organismos coma as amebas e outros seres unicelulares, aínda que a maioría das plantas tamén se reproducen asexualmente.

Tamén se inclúe a obtención de xemelgos idénticos de maneira natural ou artificial. A forma natural considérase como unha alteración durante o desenvolvemento embrionario, ignorándose a súa causa, aínda que existe unha correlación familiar estatisticamente significativa. O método artificial realízase por separación dos blastómeros, debilitando as unións celulares con tripsina e medio pobre en Ca2+, ou manualmente partindo o blastocisto pola metade (moi habitual en vacas).

Clonación de organismos de maneira artificial

É unha técnica baseada na transferencia nuclear, na que participan dúas células: a que dona o seu material xenético e a que o acepta. Esta última adoita ser un ovocito ao que se lle extraeron os seus cromosomas que se atopan no citoplasma (xa que aínda está en meiose II). Logo, mediante electrochoques fusiónase o ovocito coa célula que contén o material xenético do individuo que se quere clonar, ademais estes mesmos electrochoques son os que estimulan a célula formada para que se desenvolva, polo que despois se lle insire esta célula no útero dunha femia para darlle un ambiente axeitado para o seu desenvolvemento.

Resultado de imaxes para CLONACION

 

Alejandro ojea

Ivan darriba              1ºB

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta