Enfermidades mitocondriais

As enfermidades mitocondriais son o resultado do fracaso no funcionamento das mitocondrias, á súa vez, partes constitutivas das células do organismo, cuxa función é a de xerar a enerxía necesaria para manter a vida e para o desenvolvemento e correcta función dos órganos e sistemas. Cando fallan, xérase cada vez menos enerxía no interior da célula, producindo lesión ou morte celular. Se este proceso se repite en todo o corpo, os sistemas completos comezan a fallar e a vida da persoa que o sufre está en grave risco. Esta enfermidade afecta principalmente aos nenos, pero os brotes en adultos estanse volvendo cada día máis frecuentes. As enfermidades das mitocondrias parecen ocasionar o maior dano ás células do cerebro, corazón, fígado, músculo, riñón, e aos sistemas endócrinos e respiratorios.

O 3 de febreiro aprobouse na Cámara dos Comúns de Londres unha lei que permite unha nova técnica de reprodución asistida que emprega o ADN de tres persoas. Do que se trata, principalmente, é dunha especie de trasplante de órganos a escala microscópica, ou un trasplante “in vitro” de orgánulos celulares. As células están formadas polo núcleo e o citoplasma. O primeiro contén o ADN, e no citoplasma están os pequenos órganos ou orgánulos que levan a cabo as instrucións do ADN. Un deles son as mitocondrias, que transforman o alimento en enerxía para a célula e conteñen unha pequena porción de ADN extranuclear importante para o desenvolvemento desa labor. Esta lei falta por ser aprobada pola Cámara dos Lores, e aínda nese caso non se comezaría a practicar inmediatamente, xa que todavía está en fase experimental.


http://www.aepmi.org/publico/patologias.php

http://www.elmundo.es/salud/2015/02/03/54cfc385e2704ee02d8b4588.html

http://elpais.com/elpais/2015/02/03/ciencia/1422963738_504035.html

http://www.20minutos.es/noticia/2369096/0/reproduccion-asistida/adn-tres-padres/enfermedades-mitocondriales/

González Barreira, Cristina

Pazos Torres, Alba

Vega Crego, Aida

1ºBac. B

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.