Eclipse 20 de marzo.

O 20 de marzo de 20151 producirase un eclipse solar total cunha magnitude de 1.045.

A maior duración da totalidade será de 2 minutos e 47 segundos fronte á costa das Illas Feroe.

Ao final deste camiño, a sombra da Lúa afastarase da superficie da Terra (ao espazo) só na zona polar. E exactamente no día do equinoccio, cando o Sol está no horizonte e levántase despois do semestre da noite polar.

O eclipse pódese ver desde Europa e en diferentes grados de parcialidad segundo a latitude. Desde Islandia e Escandinavia é prácticamente total. E completamente total vese desde 90º de latitude norte, no polo norte. Deste xeito desde o polo norte veríase a secuencia do eclipse en paralelo ao horizonte.

Este eclipse total de Sol non só se produce no equinoccio senón que tamén é inmediatamente anterior a un eclipse total de Lúa que ocorre 15 días despois, o Eclipse lunar de abril de 2015.

Observándoo a escala de tempo do ciclo metónico de 19 anos, este eclipse total equinoccial é o primeiro dunha serie de tres eclipses totais equinocciales consecutivos distanciados por 19 anos. De feito, explorando co software planetario de Stellarium, o próximo eclipse total en equinoccio ocorre no ano 2034 e é o máis preciso do terceto posto que se poderá ver como total desde o ecuador, que é o círculo do planeta en cuxo mediodía os raios do Sol inciden directamente nos equinoccios. Xa que logo este eclipse equinoccial total de 2015 é o primeiro da serie de tres nun periodo de 38 anos que en tempo lunar son 470 meses lunares, ciclos de fases ou ciclos sinódicos.

 

 

Información e imaxes: Wikipedia

Lucía Sanmartín Constenla

Lucía Vázquez Carballo

1º BACH C

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta