DETERXENTES: LIPOLASA, SUBTILISINA…

A lipase é un tipo de encima que cataliza hidrólise de lípidos. As lipases son unha subclase de esterases. As lipases realizan funcións esenciais na dixestión, transporte e procesamento de lípidos da dieta (por exemplo, triglicéridos das graxas e aceites na maioría, se non todos, os organismos vivos). Os xenes que codifican as lipases mesmo están presentes nalgúns virus. A maioría das lipases actúan atacando unha posición específica dos seus substratos no esqueleto de glicerol dun lípido.

Existen outros tipos de actividades de lipase na natureza, como as fosfolipases a esfingomielinasis pero estas son tratadas separadamente das lipasas “convencionais”.

Algunhas lipases exprésanas e segréganas organismos patóxenos durante as infeccións. En particular, o fungo Candida albicans posúe un grande número de lipases diferentes, que seguramente reflicten unha ampla actividade lipolítica, que pode contribuír á persistencia e virulencia de C. albicans en tecidos humanos.

A subtilisina é un encima protease non específico que se obtivo inicialmente do Bacillus subtiles (de aí o seu nome), pero tamén aparecen subtilisinas noutras especies bacterianas.

As subtilisinas pertencen ás subtilases, un grupo de serina proteases que, igual que as outras serina proteases, inician o ataque nucleofílico ao enlace peptílico por medio dun residuo de serina situado no sitio activo. As subtilisinas teñen xeralmente pesos moleculares de aproximadamente entre 20.000 e 45.000 daltons. Poden obterse de certos tipos de bacterias do solo, como Bacillus Amyloliquefaciens que as segregan en grandes cantidades.

 

Lipase:

Subtilisina:

 

 

 

Natalia Liste e Uxía López, 1ºBac B.

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta