OS TRANXÉNICOS

Os alimentos transxénicos, tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que conteñeno organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenetica. Dito doutro xeito, é un alimentoelaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia. Os alimentos transxénicos non sempre conteñen as proteínas codificadas polos xenes transferidos, porque moitas delas exprésanse en partes das plantas distintas dos órganos dos que se extrae rendemento.As variedades transxénicas contaminan xeneticamente a outras variedades da mesma especie ou a especies silvestres emparentadas. Por exemplo, en México, o centro de diversidade e orixe mundial do millo, os millos transxénicos importados dos Estados Unidos están contaminando as variedades tradicionais. Os casos son especialmente graves nos estados de Puebla e Oaxaca. En Europa a colza transxénica é un cultivo de alto risco, dado que existen parentes silvestres deste cultivo. A permisividade do goberno chinés respecto á importación de soia transxénica pon en perigo o centro de diversidade e orixe mundial deste cultivo, podendo ocorrer o mesmo que pasou en México có millo. A contaminación xenética é irreversíbel e impredecibel, non se pode volver á situación de partida. A polinización depende de factores naturais e, polo tanto, é imposíbel controlala.

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.