El ejemplo del Hespérides

Fai un cuarto de século fíxose realidade un vello soño da ciencia española, cando o buque Hespérides partiu por primeira vez e impulsou ao noso país á primeira división mundial da oceanografía. Carlos Duarte, un dos investigadores máis importantes que protagonizaron esta aventura ao longo dos últimos 25 anos, relatou o pasado domingo como naceu este proxecto nun elocuente e emotivo artigo publicado polo MUNDO. O seu principal artífice foi o oceanógrafo químico do CSIC Antonio Ballester, “un deses personaxes visionarios e soñadores”, recordaba Duarte, “coa capacidade de tornar o imposible en posible que de cando en vez pare a vena quijotesca do noso país”.

Durante máis de dúas décadas, o doutor Ballester loitou de xeito incansable para que España participase na investigación antártica cun buque propio, e finalmente conseguiuno cando o Hespérides empezou a navegar en marzo de 1990. Grazas ao empeño deste ‘quixote’ científico e ao de todos os que finalmente apostaron por este proxecto, o noso país puido desempeñar un papel notable na exploración oceanográfica e polar. Ademais, na que sen dúbida foi a súa misión máis ambiciosa, entre 2010 e 2011 o Hespérides replicou a mítica expedición capitaneada fai dous séculos por Alejandro Malaspina, circunnavegando o planeta co obxectivo de estudar o impacto do cambio climático no mar. Tras percorrer 32.000 millas náuticas, baixo o liderado científico do propio Carlos Duarte, o buque oceanográfico volveu a España con 120.000 mostras a bordo, un tesouro científico sobre o estado da saúde do mar que aínda tardará décadas en analizarse.

O Hespérides e a súa achega á oceanografía – do mesmo xeito que a participación do noso país en proxectos internacionais de vanguardia como o CERN, a ESA ou o Genoma Humano – simbolizan o mellor da ciencia española: contribucións importantes ao coñecemento universal das que podemos sentirnos legítimamente orgullosos. Por iso mesmo é tan lamentable que xusto cando estamos celebrando as vodas de prata do noso buque oceanográfico, acabámosnos/acabámonos de decatar de que España se quedou fóra dos dous maiores estudos mundiais sobre terremotos por culpa dos recortes en I D. Oxalá se rectifique este erro canto antes, porque como demostra o exemplo do Hespérides, talento científico non falta neste país. O que segue brillando pola súa ausencia é a falta de visión duns gobernantes incapaces de pensar en nada máis aló das próximas eleccións.

Panorámica desde la cubierta del Hespérides.

Fuente: El Mundo

Lucía Sanmartín C0nstenla

Lucía Vázquez Carballo

1º BACH C

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta