O LHC adéntrase no universo descoñecido

Fai uns días, cerca de Cessy (Francia), unha muller paseaba co seu can allea ao que se cocía baixo os seus pes. Era un entorno idílico. Campos verdes con neve nas umbrías, granxas de vacas e os Alpes recortados no horizonte. Mentres, a 100 metros baixo terra, centos de operarios, inxenieiros e físicos facían os últimos axustes para encender a maior máquina do mundo, capaz de reproducir o que pasou no universo pouco despois do Big Bang.

O Gran Colisionador de Hadrones, ou LHC, na fronteira entre Francia e Suiza, volverá a funcionar a finais de mes, probablemente o 23 de marzo. Os físicos chaman a estas postas en marcha runs. Na primeira xa se conseguiu todo un récord mundial co descubrimento do bosón de Higgs. O que depara esta segunda, que durará ata 2018, non o sabe ninguén. Tras dous anos de reparación e acondicionamento o acelerador vai a funcionar ao dobre de potencia e cruzará unha fronteira da física nunca antes traspasada. Ao outro lado pode haber partículas descoñecidas cuxo descubrimento convertiría ao célebre bosón nun polvorento trofeo de nenos.

http://www.ep.ph.bham.ac.uk/DiscoveringParticles/lhc/experiments/images/atlas-large.jpg

González Durán, María

Durán Ferrero, Paula

1ºBACH C

 

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta