Células nai

As células nai ou células troncais son células capaces de autorrenovarse por case infinitas divisións mitóticas, ou ben de continuar a vía de diferenciación celular ata produciren células especializadas. A maioría de tecidos dun individuo adulto posúe unha poboación específica propia de células nai que permiten a súa renovación periódica ou a súa rexeneración cando se produce algún dano tisular. Algunhas células nai adultas son capaces de diferenciarse en máis dun tipo celular, como as células nai mesenquimáticas e as células nai hematopoéticas, mentres que outras se cre que son precursoras directas das células do tecido no que se atopan, como as células nai da pel ou as células nai gonadais.

As células nai embrionarias son aquelas que se atopan no embrión de ata 4-5 días de idade e que teñen a capacidade de formar todos os tipos celulares dun organismo adulto. Unha característica fundamental das células nai embrionarias é que poden manterse (no corpo ou nunha placa de cultivo) de forma indefinida. O feito de que unha soa célula nai sexa capaz de formar case calquera tipo de célula abre o emprego destas células como forma de experimentación para curar enfermidades ou rexenerar tecidos danados, como ocorre na rama da ciencia denominada enxanaría de tecidos

 


A controversia sobre as células nai é o debate ético sobre as investigacións da creación, uso e destrución das células nai embrionarias. A oposición ás investigacións di que esta práctica pode levar á clonación e fundamentalmente á desvalorización da vida humana. Contrariamente, as investigacións médicas opinan que é necesario proseguir coas investigacións das células nai embrionarias porque as tecnoloxías resultantes poderían ter un gran potencial médico, e que o exceso embrionario creado pola fertilización in vitro pode ser doado para as investigacións. Isto en cambio, produciu conflitos co movemento Pro-Life , quen se adxudica a protección de embrións humanos. O constante debate fixo que autoridades de todo o mundo busquen a regularidade nos seus traballos. De feito, existe un conflito ético-científico que fai que non exista unanimidade sobre o tema.

Rubén Bustelo

Fernando Vázquez

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.