A quimosina ou rennina é unha enzima proteasa aspártica atopada no callo. É producida polas vacas no abomaso (a cuarta e última cámara do estómago). A quimosina é producida polas células principais no estómago de bebés e nenos co fin de callar o leite que toman, garantindo así unha maior e mellor absorción. Este proceso de callado se fundamenta na rotura do enlace entre a 105-Phe e a 106-Met da cadea kappa da caseína.
A quimosina bovina pódese producir de forma alternativa mediante ADN recombinante en E. coli, Aspergillus niger var awamori e K. lactis; estas variedades agrúpanse baixo o nome de quimosinas producidas por fermentación (FPC polas súas siglas en inglés). Nos seres humanos, o xene atópase no cromosoma 1 como pseudogén, é dicir, nunca chega a expresarse.
Somatotropina bovina (abreviado como BST) é unha hormona proteínica producida na glándula pituitaria do gando. É tamén chamada a hormona do crecemento bovina, ou rBGH.
A BST pode ser producida sintéticamente, utilizando a tecnoloxía de ADN recombinado. O produto resultante chámase somatotropina bovina recombinante (rBST), hormona de crecemento bovino recombinada (rBGH), ou a hormona de crecemento artificial. Adminístrase á vaca por inyección e utilízase para aumentar a produción de leite. Actualmente, Monsanto é a única empresa do mercado que comercializa a somatotropina bovina recombinante, baixo o nome comercial Posilac.
Autores:
Carlota Pereiras
Ángel Ferreiro
Helena Magariños