CANCRO

O cancro é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros da pel), algúns virus (cancro do pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros do pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro do estómago e do páncreas).

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.

O 4 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial Contra o Cancro.

Nos países do Europa e América do Norte.

  • Cancros máis frecuentes no home: carcinoma da próstata (un terzo dos casos), pulmón (~15%), colon e recto (~10%), linfomas e leucemias non Hodgkins (~10%), vexiga (5%), melanoma maligno (4%), boca e farinxe, páncreas, ril (cada un 2-3%), outros (~20%).
  • Cancros máis mortais no home -porcentaxe das mortes por cancro: pulmón (~30%), colon e recto (~10%), próstata (10%), leucemias e linfomas non Hodgkins (~10%), páncreas (5%), vexiga, fígado, rin, esófago (cada un 2-3%), outros (~20%).
  • Cancros máis frecuentes na muller: mama (un terzo), pulmón (~10%), colon e recto (~10%), útero, tiroide, páncreas, (cada un 2-3%), outros (~20%).
  • Cancros máis mortais na muller: pulmón (~25%), mama (~15%), colon e recto (~10%), linfomas e leucemias non Hodgkins (~10%), páncreas (~5%), ovario (~5%), útero (~4%), outros (~25%).

En Portugal os datos son semellantes á excepción do cancro do estómago que é moito máis común debido a maior prevalencia de Helicobacter pylori e alcoholismo.

Os cancros do pulmón e da vexiga son na súa maioría causados polo tabaco. Unha de cada oito mulleres terá cancro da mama, porén a maioría dos casos é diagnosticada nunha etapa curábel.


http://elpais.com/elpais/2015/04/06/ciencia/1428336016_891219.html

Natalia Camiña Ferreiro

Jessica Magariños Paz

1º Bach.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.