A obesidade

A obesidade é unha condición médica producida pola acumulación excesiva de graxa no organismo, pode causar a redución da esperanza de vida e o aumento de problemas derivados.Unha persoa é obesa cando o seu índice de masa corporal excede os 30kg/m2.Sempre que se dea unha inxestión de calorías (a través dos alimentos) maior que o gasto enerxético do corpo haberá un cúmulo de calorías en forma de graxa.

A obesidade incrementa a probabilidade de padecer diversas doenzas, particularmente do corazón, diabetes de tipo 2, certos tipos de cancro e artrose. A causa máis común da obesidade é a combinación do consumo excesivo de comida, falta de actividade física e a susceptibilidade xenética. Malia isto, algúns casos son causados polos xenes, desordes endócrinos, fármacos ou enfermidades mentais.

A dieta e o exercicio físico son os principais métodos do seu tratamento.

A obesidade caracterízase tamén como un problema de natureza estética e psicolóxica, alén de ser un gran risco para a saúde.

O peso corporal está relacionado coa imaxe corporal que damos. Dentro das posibilidades do peso corporal dunha persoa, existe unha clase na que a persoa excede o peso ideal que debería ter, sendo chamada persoa obesa. Así, o peso corporal tamén se ve influenciado polos factores antes indicados e consecuentemente a obesidade é un problema derivado do mesmo.

Cando se sente un descontento grande coa imaxe corporal, hai unha tendencia ó comezo de dietas inadecuadas, inxestión emocional e compulsiva, disturbios na alimentación que poden xerar problemas aínda máis graves (anorexia,bulimia), exercicio excesivo e diminución da capacidade cognitiva.

Son cada vez máis as persoas que fican descontentas coa súa imaxe corporal debido a factores desta natureza. É por iso que a imaxe corporal é tamén cada vez máis coñecida como un problema médico e psicolóxico.Tania Neira Iglesias

Dolores Loureiro Piñeiro

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta