CÓLERA

O cólera é unha enfermidade infecciosa intestinal aguda, que amiudo se presenta como unha epidemia, causada pola inxestión de alimentos ou auga contaminados pola bacteria Vibio cholerae, ten un período de incubación curto, entre menos dun día e cinco días, e a bacteria produce unha enterotoxina que causa unha diarrea copiosa, indolora e acuosa que pode conducir con rapidez a unha grave deshidratación e a morte si non se trata con rapidez. A maior parte dos pacientes tamén sofren vómitos.

A enfermidade, orixinaria de Asia, concretamente do delta do río Ganxes, estendeuse dende finais do século XIX por todo o mundo para, posteriormente retroceder e volver concentrarse no sur de Asia. Os portos marítimos foron a vía de entrada habitual da enfermidade. Rexistráronse seis pandemias que mataron millóns de persoas en toda Europa, África e as Américas. A sétima pandemia, que aínda está en curso, comezou en 1961 no sur de Asia, chegou a África en 1971 e en América en 1991. A enfermidade considérase endémica en moitos países e o axente patóxeno que causa o cólera actualmente non pode ser eliminado do medio ambiente.

http://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%B3lera

Andy Torres

Victor Andujar

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta