Tumores

Un tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos do corpo que produce un aumento do volume destes. O resultado desto é un vulto que se debe ao aumento do número de células que compoñen o tecido.

Existen dous tipos de tumores: os tumores benignos e os tumores malignos.

Os tumores malignos son canceríxenos. As células canceríxenas poden invadir e danar tecidos e órganos cercanos ao tumor, e ademais poden separarse do tumor maligno e entrar ao sistema linfático ou ao fluxo sanguíneo, que é a maneira en que o cancro alcanza outras partes do corpo. O aspecto característico do cancro é a capacidade da célula de crecer rapidamente, de maneira descontrolada e independente do tecido onde comezou. A propagación do cancro a outros sitios ou órganos no corpo mediante el fluxo sanguíneo ou o sistema linfático denomínase metástasis. Os tumores malignos pódense clasificar en difererntes categorías dependendo do lugar onde se desenvolven, algúns exemplos son:

Adenocarcinoma polmonare, una forma di neoplasia maligna. Si noti la grande massa periferica, lobulata e dall'aspetto traslucido

  • Carcinomas. Estes cancros orixínanse no recubrimento das células dun órgano, constituíndo o tipo máis común de cancro. Desenvólvese en moitas partes do corpo.
  • Sarcomas. Os sarcomas son cancros do tecido conectivo e de sostén (tecidos brandos) de todos os tipos. Os sarcomas encóntranse en cualquera parte do cuerpo e frecuentemente forman crecementos secundarios nos pulmóns.
  • Gliomas. Son cancros do cerebro ou médula espiñal.
  • Leucemias. Son cancros da sangue. Afectan á liña mielocítica, comezando nesos mesmos grupos celulares ou nalgún proxenitor común.
  • Linfomas. Son cancros que xorden afectando aos linfocitos.

 

Un tumor benigno é o que non posee a malignidade dos tumores canceríxenos. Isto implica que este tipo de tumor non crece en forma desproporcionada nin agresiva, non invade tecidos adxacentes, e non fai metástasis a tecidos ou órganos distantes. As células de tumores benignos permanecen xuntas e a miúdo son rodeadas por unha membrana de contención ou cápsula. Os tumores benignos non constitúen xeralmente unha ameaza para a vida; pódense extirpar e, en la maioría dos casos, non reaparecen. Para denominar estes tumores úsase como prefixo o nombre do tecido que o orixina acompañado do sufixo “-oma”, que significa tumor. Existen varios exemplos:

  • Papiloma: masa protuberante na pel (por exemplo, un quiste).
  • Adenoma: tumor que crece nas glándulas e arredor das mesmas.
  • Lipoma: tumor nun tecido adiposo.
  • Osteoma: tumor nun oso.
  • Mioma: tumor do tecido muscular.
  • Anxioma: tumor composto xeralmente de pequenos vasos sanguíneos ou linfáticos (por exemplo, unha marca de nacemento).
  • Nevus: tumor cutáneo (por exemplo, un lunar).

 

http://gl.wikipedia.org/wiki/Tumor

http://es.wikipedia.org/wiki/Tumor

Autores:

Adrián Ferreiro García

Ángel Sanmartín Durán

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta