Tsunamis

Un tsunami (do xaponés 津波: tsu, “porto” e nami, “onda”) é unha serie de ondas xeradas cando a auga de superficie, por exemplo dun lago ou océano, se despraza rapidamente a escala masiva. Os derrubamentos (de xeo nos glaciares ou de terra na beiramar), as erupcións volcánicas (terrestres ou submarinas) ou un meteorito grande teñen o potencial de xerar un tsunami pero o 90% deles son provocados por terremotos, e nese caso reciben o nome de tsunamis tectónicos.

A enerxía dun tsunami depende da súa altura (amplitude da onda) e velocidade de translación. A enerxía total descargada sobre unha zona costeira tamén dependerá da cantidade de picos que leve o tren de ondas (no tsunami do Índico de 2004 houbo 7 picos). Este tipo de vagas removen unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento. Un tsunami tectónico producido nun fondo oceánico de 5 km de profundidade removerá toda a columna de auga desde o fondo ata a superficie. O desprazamento vertical pode ser tan só de centímetros pero, de se producir a suficiente profundidade, a velocidade será moi alta e a enerxía transmitida á onda será enorme. Aínda así, na alta mar a onda case non se aprecia xa que queda diluída entre as ondas superficiais. Con todo, destacan pola falta de tranquilidade do fondo mariño, que se axita en toda a súa profundidade.

A mañán do 7 de maio de 2015 produciuse un terremoto de magnitude 7,2 entre as illas Salomón e Papúa Nova Guinea, no Pacífico, e podría provocar un tsunami na zona, segundo anunciou o Instituto Estadounidense de Xeofísica (USGS). O epicentro do seísmo situouse a 22 kilómetros de profundidade, a uns 150 kilómetros ao suroeste da cidade de Panguna, en Papúa Nova Guinea, e a 642 kilómetros de Honiara, a capital das illas Salomón. O centro de alerta de tsunamis do Pacífico avisou de que podería causar peligrosas olas de tsunami nas costas situadas nun radio de 300 kilómetros arredor do epicentro.

Ligazón permanente á imaxe encaixada

Un dos tsunamis máis coñecidos é o que ocorreu no Océano Índico en 2004. Este terremoto, coñecido na comunidade científica como o terremoto de Sumatra-Andamán, foi un terremoto submarino ocorrido ás 00:58:53 UTC (07:58:53 hora local) do 26 de decembro de 2004. O terremoto provocou un tsunami que se converteu nun dos máis mortíferos da historia moderna, matando entre 240.000 e 300.000 persoas. A magnitude do terremoto estímase que foi de 9.1, o que o converte dun dos cinco terremotos máis fortes dende 1900. En maio de 2005, os científicos revelaron que o tremor no epicentro durou case dez minutos, cando a maioría dos terremotos non duran máis duns poucos segundos, o que causou que o planeta enteiro vibrase cando menos uns poucos centímetros. O terremoto orixinouse no Océano Índico, ao norte da illa de Simeulue, ao noroeste de Sumatra, Indonesia. O tsunami que seguiu devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, con ondas de ata 30 m, o que causou grandes perdas e mortes en zonas tan afastadas, como a costa leste de África.

http://t2.kn3.net/taringa/7/9/4/9/7/4/leandritok/E0E.jpg

Existe unha película española de suspense dramático, titulada “Lo imposible”, que nace a partir dunha historia real onde se recrea a experiencia dunha familia española neste tsunami que devastou a costa do Sueste Asiático en 2004 e que causou a morte de centos de miles de persoas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Terremoto_del_oc%C3%A9ano_%C3%8Dndico_de_2004

http://gl.wikipedia.org/wiki/Terremoto_do_Oc%C3%A9ano_%C3%8Dndico_2004

http://es.wikipedia.org/wiki/Lo_imposible

http://gl.wikipedia.org/wiki/The_Impossible

http://gl.wikipedia.org/wiki/Tsunami

http://es.wikipedia.org/wiki/Tsunami

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/05/07/alerta-tsunami-pacifico-tras-terremoto-papua-nueva-guinea/00031430987670767627387.htm

González Barreira, Cristina

Pazos Torres, Alba

Vega Crego, Aida

1ºBach B

Esta entrada foi publicada en RISCOS NATURAIS. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta