Cambio Climático

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

O termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global.

Os cambios climáticos poden ser causados por diversos factores, internos ou externos. Os factores externos son os que non dependen da Terra, como as variacións solares, as variacións orbitais ou os impactos de meteoritos. Os factores internos son debidos a causas terrestres, como a deriva continental, a composición atmosférica, as correntes oceánicas, o campo magnético terrestre ou os efectos antropoxénicos (do home).

En definitiva, os cambios climáticos teñen moitas causas, e producíronse durante toda a historia. Nos últimos milenios fóronse alternando épocas de glaciación con periodos interglaciais, como no que nos encontramos agora.

Que no pasado se produciran cambios climáticos non significa que non nos teñamos que preocupar polo quecemento global. A finais do século XVII o home empezou a utilizar combustibles fósiles que a terra acumulara no subsolo durante a súa historia xeolóxica. A queima de petróleo e gas natural causou un aumento do CO2 na atmosfera que ultimamente é de 1,4 p.p.m. ó ano e produce o conseguinte aumento da temperatura. Estímase que dende que o home mide a temperatura fai uns 150 años (sempre dentro da época industrial) esta aumentou 0,5 °C e prevese un aumento de 1 °C no 2020 e de 2 °C no 2050.

A principios do século XXI o quecemento global parece irrefutable, a pesar de que as estacións meteorolóxicas nas grandes cidades pasaron de estar na periferia da cidade, ó centro desta e o efecto de illa urbana tamén influíu no aumento observado. Os últimos anos do século XX caracterizáronse por posuír temperaturas medias que son sempre as máis altas do século.

Estes indicios demostran que actualmente estamos a sufrir un cambio climático en forma de quecemento global, que ten consecuencias como a desertificación, o derretemento dos xeos polares ou a subida do nivel do mar; que á súa vez pode afectar á vida complexa na biosfera. Isto é algo do que debemos preocuparnos seriamente porque pode afectar directamente ás nosas vidas nun futuro porque afecta ao equilibrio no que vivimos.

 

Adrián Ferreiro García

Ángel Sanmartín Durán

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta