Huracáns, tornados e tormentas

Un furacán é un fenómeno metereolóxico consistente nun tipo de sistema de baixa presión que se forma xeralmente nas rexións tropicais. Aínda que estes meteoros poidan ser altamente destrutivos para o ser humano e o seu entorno, son unha parte importante do sistema de circulación atmosférico, levando a calor da rexión ecuatorial a latitudes máis altas.

Un tornado é un fenómeno meteorolóxico que consiste nun remuíño de vento que xira a gran velocidade destruíndo todo canto atopa ao seu paso. Ten forma de gran cheminea industrial. A súa orixe é unha nube grande tormentosa, dende a cal vai xurdindo a tornado ata chegar a manter contacto coa terra.

Unha tormenta é un fenómeno metereolóxico marcado por ventos fortes (como nos tornados e furacáns), treboadas, e precipitación forte -xeralmente, choiva ou, nalgúns casos, neve; neste caso, a tempestade chámase tormenta de neve.


Carlos Boo Corregidor e Rubén Bustelo Arca 1ºB
Esta entrada foi publicada en RISCOS NATURAIS. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta