ENDOSIMBIOSE

 

Denomínase endosimbiose á asociación, na cal, un organismo habita no interior de outro organismo. Etimoloxicamente o termo podría usarse para designar a calquera proceso de simbiose, no cal, o simbionte reside no interior do corpo de outro ser vivo, aínda que, tamén poida usarse o termo endosomático (por exemplo, simbionte endosomático). Este é o caso, por exemplo, de moitas das bacterias que forman parte da microbiota intestinal.

     En 1971 Lynn Margulis propuxo a teoría da Endosimbiose seriada, que explica a aparición da célula eucariótica por asimilación simbiótica de varias bacterias con habilidades diferenciadas. É así, como igualmente este termo tamén se adoita empregar para explicar o proceso polo cal as células procariotas evolucionaron cara as eucariotas, adquirindo os seus orgánulos, proceso coñecido como a teoría da orixe endosimbiótica das eucariotas.

 

 

 

Exemplos de organismos endosimbióticos:

  • Algas fotosintéticas verdes de tipo Chlorella (viven en células do protista filiado Paramecium viride)
  • Dinoflaxelados ( Ex: Zooxantelas que viven dentro de células de certos cnidiarios, como algunhas medusas e moitos corais)
  • Endosimbiontes bacterianos como os insectos.
  • A ameba Pelomyxa palustris alberga no seu interior a unha colonia de arqueas metanóxenas (Methanospirillu) que lle permiten degradar rapidamente os ácidos graxos.
  • Nos corais e nas anémonas de mar, no citoplasma das súas células están as algas dinoflaxeladas.

 

 

Teoría da orixe endosimbiótica dos eucariotas:

A teoría endosimbiótica do orixe das eucariotas foi proposta no S.XIX e posteriormente respaldada polos experimentos realizados por Lynn Margulis. Existen varias evidencias que sustentan a teoría endosimbiótica, como o feito de que:

  • As mitocondrias conteñen ADN propio e diferente so ADN nuclear.
  • As enzimas presentes nas membranas mitocondriales tamén se atopan nas membranas bacterianas.
  • As mitocondrias so proceden de outras mitocondrias.
  • Os ribosomas de mitocondrias son máis parecidos aos ribosomas de procariotas que aos presentes no citoplasma da célula.

 

Video teoría da endosimbiose

Noemí Turnes, 1º BACH A

Vicky Peiteado, 1º BACH A

Laura Lobato, 1º BACH A

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta