IDENTIFICACIÓN XENÉTICA

A identificación xenética consiste na utilización do ADN para identificar aos individuos.

 

O ADN:

O ADN contén toda a información necesaria para o desenrolo dos seres vivos. Os individuos da mesma especie comparten gran parte da súa secuencia de ADN, pero existen determinadas rexións altamente variables que son propias de cada suxeito.

Estas zonas do xenoma denomínanse polimorfismos ou marcadores xenéticos, e son utilizadas para a identificación de persoas xa que dos seres humanos non relacionados é pouco probable que teñan en común os mesmos marcadores xenéticos. Ao conxunto de polimorfismos específicos de cada persoa coñécese como a pegada xenética.

 

A PEGADA XENÉTICA

A pegada xenética individual fai que sexa posible distinguir a alguén, agás a irmáns xemelgos monocigóticos , xa que , neste caso, comparten a mesma secuencia de ADN . A pegada xenética caracteriza calquera individuo mellor que as súas impresións dixitais , por iso, tamén chamado mapa xenético ou imprimir. A identificación xenética proporciona a vantaxe de que é moito máis preciso do que outros métodos de identificación. Ademais, o ADN é en cada unha e todas as células do corpo humano , así que pode ser obtido a partir de calquera mostra biolóxica. A impresión dixital xenética é única e inalterada ao longo da vida.

Este novo descubrimento foi un gran avance en distintos aspectos como a identificación de criminais. A evidencia do ADN podese utilizar para determinar a identidade dunha persoa que morreu. A veces, un corpo ten lesións que alteraron o físico ou está en un estado avanzado de descomposición. Para isto empréganse probas como o sangue, semen ou pel atopadas no lugar do crime.

Descubriuse que o ADN posúe certas secuencias que, aínda que non contribuían a función de ningún xene repetíanse no interior e que, excepto os xemelgos idénticos, cada organismos poseía un diseño único.

A identificación xenética pódese usar para determinar as posibilidades de que dúas persoas herden unha enfermidade xenética ao seu fillo. Este tipo de probas tamén se poden facer para ver se un recén nacido ten un xene que indica se ten ou desenrolará unha enfermidade xenética.

A identificación xenética mediante o ADN faise para analizar a formación contida nel dunha persoa específica, xa que é imposible que dúas persoas teñan a mesma información de ADN nas células do corpo.

 

A identificación xenética de ADN ten moitos usos, particularmente relacionados coa identificación e as relacións.

Cada vez máis, os avances en identificación xenética permiten a aplicación destas técnicas a áreas moi diferentes. Os progresos científicos e tecnolóxicos nas ferramentas utilizadas en xenética forense permitiron novas aplicacións de este campo en outras disciplinas. En este traballo preténdense abordar algunhas de esas novas alternativas:

A primeira aplicación delas é a creación de bases de datos xenéticas civís que permitiron o desenrolo dos programas de identificación de persoas: programa FÉNIX de identificación de cadáveres e restos humanos desaparecidos, e a iniciativa DNA-PROKIDS que loita contra o tráfico de seres humanos e pretende reunir as víctimas coas sus familias. Na última década, cada vez con máis frecuencia, aparece o análise do ADN en proxectos de historia, paleontoloxía. É en estos casos onde nos encontramos con mostras antigas.

A segunda aplicación é o traballo co ADN. Grazas a estas novas técnicas puidéronse identificar os restos de varios personaxes históricos, como o Zar Nicolás II de Rusia, Cristóbal Colón e seus familiares, Blanca de Navarra e o Príncipe de Viana ademáis do xeneral Miranda; así como a recuperación de especies en peligro de extinción e a caracterización de elementos históricos.

Mostras de referencia

Para a identificación do ADN débese realizar unha extración do ADN que pode proceder de mostras tales como:

  • Artículos persoais (por exemplo, cepillo de dentes, máquina de afeitar).
  • Banco de mostras (como un banco de seme ou a biopsia dun tecido).
  • Parentes.
  • Restos humanos previamente identificados.
  • Mediante o sangue, saliva, a raíz dun cabelo ou ás rozaduras da pel.

 

Ademáis algunhas mostras de referencia recoléctanse cun hisopo bucal.

 

https://www.youtube.com/watch?v=XpOMvDtVrdA

 

Noemí Turnes

Victoria Peiteado

Laura Lobato

1º BACH A

Esta entrada foi publicada en Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta