Conxuntivite:

 

¿Que é?

A conxuntivite é unha inflamación da conxuntiva, un tecido que temos recubrindo os nosos ollos e por dentro das pálpebras.

Causas

A conxuntiva pode resultar inflamada e irritada debido a:

  • Unha reacción alérxica ao po, mofo, caspa animal ou polen, e pode verse irritada pola acción do vento, o po, o fume e outras clases de axentes que producen a polución do aire.
  • Un resfriado común ou un brote de sarampelo.
  • A luz ultravioleta dunha soldadura eléctrica de arco, unha lámpada solar ou incluso a intensa luz solar reflexada na neve poden irritar la conxuntiva.
  • Unha orixe viral, xa que os virus dunha persoa infectada propáganse polo aire.
  • Orixe bacteriano: prodúcese por unha acumulación de bacterias no ollo que pode proceder de calquer outra infección producida nalgunha zona do organismo.

 

En certos casos, a conxuntivite pode durar meses ou anos. Esta clase de conxuntivite pode ser causada por procesos nos que a pálpebra se torce cara fóra (ectropión) o cara dentro (entropión), problemas cos condutos lacrimais, sensibilidade a certos produtos químicos, exposición a substancias irritantes e infección causada por unha bacteria en especial (tipicamente a clamidia).

Tipos

A grandes rasgos pódense distinguir dous tipos de conxuntivite:

  • Alérxica: é a que xorde a causa dunha resposta excesiva a un axente externo (alérxeno). Dase xunto a outras enfermidades como a rinite, a dermatite, o asma ou a urticaria.
  • Infecciosa: aparece pola infección dun virus ou unha bacteria, aínda que é máis frecuente que sea provocada por un virus.

Síntomas

Os síntomas da conxuntivite son recoñecidos inmediatamente xa que os ollos enroxecen  e lacrimean máis. Tamén produce ardor e a sensación de ter un corpo estraño dentro do ollo . A sensibilidade á luz é outro síntoma desta condición e moitas veces teñen que usar lentes para protexer os ollos da luz solar ou ambiente. Por outra banda, se a infección é bacteriana o ollo pode descargar un moco amarelo ou verde , sobre todo pola noite que pode pegar as pestanas.

Prevención

A conxuntivite pode ser moi contaxiosa, por iso, é moi importante lavar ben as mans con xabón antiséptico e usar toallas de papel. Despois destas sinxelas medidas, hai que limpar suavemente os fluxos que saen dos ollos. Para disminuir a incomodidade que produce o

o picor, é convinte usar compresas de auga temperada ou fría. Así mesmo, hai que evitar tanto as maquillaxes como as lentes de contacto. É necesario acudir a un especialista xa que se a infección é bacteriana, o facultativo administrará un tratamento con colirios antibióticos ou pomadas antibacterianas.

Diagnóstico

O médico acostuma realizar unha historia clínica e una exploración ocular en función dos síntomas que estén presentes. Nas conxuntivites alérxicas, é frecuente que estes síntomas se asocien ao resto de patoloxías que o paciente está sufrindo, como a rinite ou a dermatite. Nas conxuntivites infecciosas tamén se poden levar a cabo probas para identificar ao axente infeccioso.

Tratamentos

As causas que ocasionan a conxuntivite influirán no seu tratamento. Os pasos que se deben seguir para tratar esta enfermidade son:

  1. Deben limparse os ollos, quitando as secrecións con un pano limpo, auga fervida morna ou soro fisiolóxico estéril. Tamén acostuman ser útiles as compresas frías e os analxésicos. O tratamento pode ser a administración de colirio, pomada ou xel antibiótico.
  2. Para mellorar a conxuntivite alérxica ou vírica, pola contra, o máis efectivo é o uso de gotas oftálmicas con corticosteroides, que nunca deberán utilizarse no caso de que a infección se haxa producido por herpes, xa que os corticosteroides empeoran a infección.
  3. O tratamento acostuma durar unha semana: as gotas adminístranse entre catro e seis veces diarias e a pomada ou o xel entre dúas e tres veces ao día. O xel utilizase menos veces en comparación co colirio e non nubla a vista (o que sí ocorre coa pomada).
  4. No caso dos nenos, a administración das gotas pode resultar moito máis complexa. Se se resisten, pódese recorrer a deitalos coa cabeza inclinada cara atrás e cara arriba, pedirlles que cerren os ollos e aplicarlles a gota no lacrimal. Despois, eles só terán que abrir e cerrar os ollos durante uns segundos.
  5. Aos recén nacidos aplícanselles unhas gotas nos ollos para previr os contaxios por xermes durante o parto. A infección tamén podería darse se o bebé nace co lacrimal obstruído, algo que soe mellorar co tempo, aínda que tamén se teñen que dar masaxes, exprimindo o canal lacrimal cara fóra. No caso de que o problema persista entre os seis e os 12 meses, deberá lavarse o conduto cunha sonda fina.
  6. Xeralmente, a conxuntivite acábase curando soa, pero é importante tratala para previr contaxios e complicacións. De feito, a veces o especialista toma unha mostra da secreción para analizala e determinar cal será o tratamento máis adecuado.

 

https://www.youtube.com/watch?v=kQ90tbyWbwE

Noemí Turnes

Vicky Peiteado

Laura Lobato

1ºBach A

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta