LANIAKEA

Que é Laniakea e o seu descubrimento

Laniakea é o supercúmulo de galaxias ao que pertenece a Vía Láctea, na que se atopa o noso planeta, a Terra. É unha estrutura titánica de aproximadamente 520 millóns de anos luz, que reúne ela soa o 4% do espazo que ocupa o Universo.

Os supercúmulos son grandes agrupacións de pequenos grupos e cúmulos de galaxias e se atopan entre as estruturas máis grandes do universo. A existencia de supercúmulos indica que as galaxias do noso universo non están uniformemente distribuidas. Ademais, a miúdo, subdivídense en grupos de cúmulos chamados nubes de galaxias.

Dentro dos cúmulos nos que se divide Laniakea, nós nos atopamos no Grupo Local, dentro do Supercúmulo de Virgo, unha estrutura masiva de de centos de millóns de anos luz de diámetro.

En setembro de 2014, os astrónomos da Universidade de Hawái liderados por Brent Tully, descubriron esta cosmoestructura a partir da velocidade e direción das galaxias.

Laniakea-Supercluster-1401x716

 

Orixe do seu nome

Laniakea, cuxo nome en hawaino sifnifica “ceo inconmensurable”, apareceu como concepto fai uns meses, cando os investigadores desenvolveron unha nova forma de definir un supercúmulo.

O encargado de bautizar ao noso fogar no universo foi David Nawa’a Napoleon, un profesor de lingua hawaiana na Universidade de Hawái. “Queriamos un nome hawaiano porque fai entre un e dous milenios, os polinesios eran os maestros de viaxar axudados polo seu coñecemento das estrelas”, explica Tully.

 

Que hai dentro de Laniakea

Laniakea divídese en catro supercúmulos: o Supercúmulo de Virgo, o Supercúmulo Hidra-Centauro, o Supercúmulo do Centauro e o Supercúmulo Meridional.

Dentro de Laniakea calcúlase que existen uns dez mil billóns de estrelas, cunha masa en total de cen cuatrillóns de soles coma o noso, repartidas nunhas 100.000 galaxias. O seu diámetro é, ademais, de 500 millóns de anos luz. O seu tamaño é tan monstroso que, simplemente non podemos facernos unha idea do grande que é. Falamos dun lugar no que a Vía Láctea, cos seus 200.000 millóns de estrelas e os seus 100.000 anos luz de diámetro, pasa completamente desapercibida.

Ademais, mediante a cartografía das velocidades das galaxias ao largo do noso universo local, este grupo de expertos foi capaz de definir a rexión do espazo que ocupa cada supercúmulo. A Vía Láctea reside nas aforas do Supercúmulo de Virgo, segundo estudos recentes.

laniakea milky way

 

 

Situación da Vía Láctea (“Milky Way”) na Laniakea.

Sen embargo, Laniakea é só un dos seis millóns de supercúmulos que se poden contar dentro do universo observable (aínda que é espectacularmente grande). Algúns dos coñecidos son Shapley, Hércules, Coma e Perseo-Piscis, que rodean a Laniakea.

 

laniakea_and_perseus-pisces.0

Laniakea xunto ao seu supercúmulo veciño, Perseo-Piscis.

 

A distribución das galaxias

As galaxias non están distribuidas ao azar en todo o universo, senón que se atopan en grupos (ao igual que o noso propio Grupo Local) e en cúmulos masivos, que posúen centos de galaxias. Todas estas están interconectadas nunha rede de filamentos na que as galaxias se ensartan coma perlas. Cando estes filamentos se entrecruzan, é cando falamos dos supercúmulos como a Laniakea.

As galaxias, como a Vía Láctea, móvense en función das forzas gravitacionais xeradas pola enorme masa dos supercúmulos vecinos. E, dentro do volume da galaxia do supercúmulo Laniakea, os movementos diríxense cara ao interior.

 

Como vemos, o descubrimento do supercúmulo Laniakea non invalida o que xa coñeciamos (rara vez soe pasar esto na ciencia), senón que mellora o noso coñecemento do mundo que nos rodea e nos axuda a entender onde encaixa o noso Grupo Local e o noso lugar no universo.

 

Vídeo sobre Laniakea:

 

María Rozados Balboa, 4º C.

Milagros Fernández Sangiao, 4º C.

Alba Mato Domínguez, 4º A.

 

http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-bautizan-laniakea-cumulo-galaxias-vivimos-20140903191642.html

https://hipertextual.com/2015/05/laniakea  

http://www.astrobitacora.com/laniakea-el-hogar-de-la-via-lactea/

http://www.abc.es/ciencia/20140903/abci-laniakea-tierra-esta-dentro-201409031621.html

http://mx.tuhistory.com/noticias/impresionante-video-ven-conocer-laniakea-el-super-cumulo-de-galaxias-que-es-nuestro-hogar

https://es.wikipedia.org/wiki/Laniakea

http://bibliofagos.com/vivimos-en-un-rincon-del-universo-llamado-laniakea/

 

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta