Epidemias

AS EPIDEMIAS

Que é unha epidemia?

Resultado de imagen de epidemia simbolo

Símbolo dunha epidemia

Unha epidemia é a ocorrencia, nunha comunidade ou rexión xeográfica concreta, de casos de doenza, accidente, malformación conxénita, comportamento especificamente relacionado coa saúde ou outros acontecementos relacionados coa saúde, claramente en exceso con respecto ás cifras de referencia habituais. Ler máis

 

 

 

Cal é a diferenza entre unha epidemia, unha pandemia e unha endemia?

Resultado de imagen de pandemia

Representación gráfica da propagación dunha enfermidade

Unha pandemia é a propagación mundial dunha nova enfermidade infecciosa. Ao contrario que a epidemia, esta exténdese por varias rexións xeográficas

extensas. Segundo a OMS, para que poida aparecer unha pandemia precísase a aparición dun virus novo, o que implica que a poboación non sexa inmune a el. Ler máis

 

Por outra parte, tamén podemos falar de endemias. Unha endemia é o proceso patolóxico que se mantén de forma estacionaria nunha poboación ou zona xeográfica determinada. Sen embargo, pola contra que unha epidemia, a endemia prolóngase durante periodos de tempo estacionarios. Ler máis

 

 

Como medir unha epidemia?

A importancia dunha epidemia mídese a través do seu ritmo reprodutivo básico. En epidemioloxía, isto é o número promedio de casos novos que unha enfermidade produce ao longo dun periodo infeccioso. Os factores que inflúen nel son: (Ler máis)

  • Duración do periodo de infección
  • Probabilidade de transmisión, que inflúe na taxa de contaxio
  • Contactos da persoa contaxiada nese periodo de tempo
  • Probabilidade de que un suxeito infectado sexa contaxioso

 

Como reacciona un país ante unha epidemia?

A OMS establece os procedementos operacionais a través dos cales deben atenderse as situacións que involucran epidemias.

Resultado de imagen de epidemia medicos

Médicos sen fronteiras nunha epidemia

O protocolo internacional obriga a que, en materia de enfermidades infecciosas, se alerte á poboación cando sexa necesario, se compartan os coñecementos técnicos, se articulen as respostas necesarias para protexer aos cidadáns e se comuniquen de maneira oficial os datos que garden relación coa enfermidade e os seus riscos.

Ademais, dende o ano 2007, entrou en vigor o RSI (Reglamento Sanitario Internacional). Este protocolo aplícase co obxectivo de proporcionar un marco de reacción de alerta e resposta rápida ante epidemias. Ler máis

 

Epidemias actuais máis extendidas

VIH/SIDA

O VIH ou Virus de Inmunodeficiencia Humana é un microorganismo que ataca ao sistema inmune das persoas, debilitándoo e facéndoos vulnerábeis ante unha serie de infeccións, algunhas das cales poden poñer en perigo a vida.

Resultado de imagen de virus del sida microscopio

O virus da sida visto a través dun microscopio

O Síndrome da Inmunodeficiencia Adquirida ou  sida é o estado da infección polo VIH caracterizado por baixos niveles de defensas e a aparición de infeccións oportunistas (infeccións producidas por outros axentes que aparecen cando as defensas inmunitarias dunhas persoa infectada polo VIH son insuficientes).

   Esta enfermidade segue sendo a sexta causa de morte a nivel global, e a segunda enfermidade infecciosa en termos de mortalidade. Entre 1990 e 2010 as mortes provocadas pola sida creceron un 127% nos países industrializados e un preocupante 439% nos países en vías de desenvolvemento. Ler máis

Mapa das zonas do mundo infectadas pola sida

 

MALARIA

Resultado de imagen de malaria

Vista dende microscopio do Plasmodium

A malaria é unha enfermidade producida por parasitos do xénero Plasmodium, e algúns estudos científicos suxiren que puido transmitirse a
o ser humano a través dos gorilas occidentais. É a primeira enfermidade de importancia entre as debilitantes.

Case a metade da poboación mundial, uns 3300 millóns de persoas, corren risco de desenvolver malaria, unha doenza tropical que se transmite entre as persoas a través dos mosquitos.

A enfermidade causa uns 400-900 millóns de casos de febre e aproximadamente 2-3 millóns de mortes anuais, o que representa unha morte cada 15 segundos. A pesar dos esforzos por reducir a transmisión e incrementar o tratamento, o cambio foi mínimo e, de continuar no seu curso de permanente aumento, a tasa de mortalidade chegaría a duplicarse nos próximos vinte anos. Ler máis

Resultado de imagen de mapa malaria

Mapa de zonas afectadas polo virus da malaria

 

TUBERCULOSE

Resultado de imagen de tuberculosis

A bacteria da tuberculose vista dende microscopio

A tuberculose (TB) é unha infección bacteriana causada por un xerme chamado Mycobacterium tuberculosis. A bacteria soe atacar ós pulmóns, pero pode tamén dañar outras partes do corpo. Transmítese a través do aire, cando unha persoa con tuberculose tose, esbirra ou fala.

A epidemia da tuberculose en Europa que probablemente se iniciou a comezos do siglo XVII e que continuou durante 200 anos, foi coñecida coma a Gran Praga Branca. A morte por tuberculose era considerada inevitable arredor de 1650. A alta densidade de población así coma as pobres condicións sanitarias que caracterizaban ás cidades europeas e norteamericanas, eran o ambiente ideal para a propagación da enfermidade.

Na actualidade, a tuberculose continúa sendo unha das 10 principais causas de mortalidade no mundo, e algúns dos síntomas son: dificultade respiratoria, dor no peito, tos, expectoracións con sangue, sudoración excesiva, fatiga, febre… Ler máis.

Resultado de imagen de mapa tuberculosis 2016

Distribución da tuberculose no mundo

 

FEBRE DO DENGUE

Resultado de imagen de virus del dengue

Virus do dengue visto a microscopio

O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue, do xénero flavivirus, que é transmitida por mosquitos, principalmente polo Aedes aegypti. A infección causa síntomas gripais, e en ocasións evoluciona ata converterse nun cadro potencialmente mortal, chamado dengue grave ou dengue hemorráxico.

É unha infección moi estendida que se presenta en todas as rexións do clima tropical do planeta. Nos últimos anos a transmisión aumentou de maneira predominante en zonas urbanas e convertiuse nun importante problema de saúde pública. Na actualidade, máis da metade da poboación mundial está en risco de contraer a enfermidade.

A OMS estima que o número de afectados se atopa entre os 50 e os 100 millóns por ano e é xa recoñecida como unha enfermidade de aviso epidemolóxico. Ler máis

Resultado de imagen de mapa fiebre del dengue

Mapa de zonas infectadas polo virus do dengue

 

HEPATITE B E C

Resultado de imagen de virus hepatitis b

Virus da hepatite visto a microscopio

A hepatite B é unha infeción hepática potencialmente mortal causada polo virus da hepatites B (VHB). Constitúe un importante problema de saúde a nivel mundial. Pode causar hepatopatía crónica e conleva un alto risco de morte por cirrose e cancro hepático.

O virus da hepatite C (VHC) causa infeción aguda ou crónica. Polo xeral, a infección aguda é asintomática e moi raramente se asocia a unha enfermidade potencialmente mortal.

A da hepatite se coñece como unha epidemia silenciosa pois a campaña de prevención existente na actualidade non é suficiente para unha enfermidade como esta, queestimadamente mata a dúas personas por minuto no mundoLer máis

Distribución da hepatite B no mundo

Distribución da hepatite C no mundo

 

FEBRE AMARELA

Resultado de imagen de virus fiebre amarilla

Virus da febre amarela visto a microscopio

A febre amarela é unha enfermidade vírica aguda, hemorráxica. O termo “amarelo” alude á ictericia que presentan algúns pacientes.

A febre amarela transmítese a través de mosquitos de xénero Aedes e Haemogogus que se atopan en diferentes áreas. Isto da lugar a 3 tipos de febres amarelas: a selvática, a intermedia e a urbana.

A enfermidade pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos periodos e súbitamente brotar nun modo epidémico. Moitas veces dase en países selváticos, a través do mosquito Haemagogus. E, a principios de 2016, desatouse unha gran epidemia de febre amarela en Angola, pasando á República Democrática do Congo e orixinando máis de 400 mortes e preto de 7000 casos. Actualmente só se da en África, Suramérica e parte do Caribe. Ler máis

¿Viajas a un destino exótico? Considera este “mapa de vacunas”

Distribución da febre amarela no mundo

 

CÓLERA

A cólera é unha infección do intestino delgado que ocasiona unha gran cantidade de diarrea acuosa.

Resultado de imagen de virus del colera

Vibrio cholerae, bacteria causante da cólera

É causada pola bacteria Vibrio cholerae. Estas bacterias secretan unha toxina que causa un aumento da cantidade de auga que liberan as células que recubren os intestinos, o que á súa vez produce diarrea intensa.

A enfermidade dase en lugares con carencia de tratamento da auga ou das augas residuais, o hacinamento, guerra e inanición. É xa endémica en máis de 50 países e produxo varias epidemias de alcance mundial. Dende 1817, sete pandemias de cólera se estenderon dende Asia ao resto do mundo, a última delas en 1961. Nela morreron arredor de 120.000 persoas e afectou a entre 3 e 5 millóns por ano. Ler máis

Distribución da cólera no mundo

 

 

 

 

María Rozados Balboa, 4º C.

Alba Mato Domínguez, 4º A.

Milagros Fernández Sangiao, 4º C.

 

Esta entrada foi publicada en Riscos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta