ALIMENTOS PARA TODOS? A agricultura e a pesca
A AGRICULTURA
Que é a agricultura?
A agricultura é o conxunto de actividades e coñecementos desenvolvidos polo home, destinados a cultivar a terra e cuxa finalidade é obter produtos vexetais para a alimentación do ser humano e do gando. Forma parte do sector primario, e o seu papel dentro da alimentación é de gran importancia. Ler máis
Que tipos de agricultura hai?
Hai moitos tipos de agricultura:
Segundo a súa dependencia de auga:
- De secaño: agricultura producida sen aporte de auga por parte do agricultor, nutríndose o chan coa chuvia ou coas augas subterráneas.
- De regadío: agricultura producida co aporte de auga por parte do consumidor, mediante o subministro captado de cauces superficiais naturais ou artificiais, ou mediante a extracción de augas subterráneas dos pozos.

Agricultura de secaño

Agricultura de regadío
Segundo a magnitude da súa produción e a súa relación co mercado:
- Agricultura de subsistencia: Consiste na produción da cantidade de comida mínima necesaria para cubrir as necesidades do agricultor e da súa familia, sen apenas excedentes e cun nivel técnico primitivo.
- Agricultura industrial: Prodúcense grandes cantidades, empregando custosos medios de produción, para obter excedentes e comercializalos.

Agricultura de subsistencia

Agricultura industrial
Segundo se pretenda obter o máximo rendemento ou a mínima utilización doutros medios de produción:
- Agricultura intensiva: Busca unha produción grande en pouco espazo. Propia dos países industrializados.
- Agricultura extensiva: Depende dunha maior superficie, é dicir, provoca unha menor presión sobre o terreo, polo que os seus beneficios comerciais soen ser menores.

Agricultura intensiva

Agricultura extensiva
Segundo o método e obxectivos:
- Agricultura tradicional: Emprega os sistemas típicos dun lugar, que configuran a cultura do mesmo.
- Agricultura industrial: Baseada sobre todo en sistemas intensivos, enfocada a producir grandes cantidades de alimento en pouco tempo e espazo.
- Agricultura ecolóxica: Crean diversos sistemas de produción que respeten as características ecolóxicas dos lugares e xeobiolóxicas do chan.
- Agricultura natural: Recollen produtos producidos sen a intervención humana e se consumen.

Agricultura tradicional

Agricultura industrial

Agricultura ecolóxica

Agricultura natural
Por que é importante a agricultura familiar?
- Aínda que a pequena escala, están ligadas de m
aneira indisociable á seguridade alimentaria mundial.
- Rescata os alimentos tradicionais, contribuíndo a unha dieta equilibrada, á protección da biodiversidade agrícola no mundo e ao uso sostible dos recursos naturais.
- Representa unha oportunidade para dinamizar as economías locais, especialmente cando se combina con políticas específicas destinadas a protección social e o bienestar das comunidades.
Que é a Revolución Verde?
Revolución Verde é a denominación usada internacionalmente para describir o importante crecemento da produtividade agrícola e por tanto, de alimentos, que tivo lugar en Estados Unidos entre 1960 e 1980. Supuxo o comezo da

O escandaloso uso de plaguicidas e pesticidas asociado á Revolución Verde
agricultura intensiva e conseguiu aumentar enormemente o rendimento do sector. Ler máis
A orixe desta revolución atópase na Revolución Industrial. O incremento da poboación nesta época produxo unha gran demanda de alimentos. O sistema de agricultura tradicional non era capaz de soster tantas bocas, pero a mediados do século XX a tecnoloxía salvou a situación co descubrimento do DDT (abreviación do insecticida dicloro difenil tricloroetano) e outros plaguicidas, ademais do uso de fertilizantes químicos e a mecanización do campo e do rego.
Algúns dos logros máis importantes da Revolución Verde foron o desenvolvemento de variedades de trigo, arroz e millo cos que se multiplicaba a cantidade de grano que se podía obter por hectárea. Cando, ao longo dos anos 60 e 70, estas melloras se foron introducindo en países de Latinoamérica ou Asia que sempre foran deficitarios na produción de alimentos, pasaron a ser incluso exportadores. Un claro exemplo é a India, país que sufría o azote de periódicas hambrunas e que, tras a chegada da Revolución Verde, rápidamente pasou a producir suficiente cereal para toda a súa poboación.

Evolución da produtividade dos cultivos de trigo nos países en Desenvolvemento tras a Revolución Verde

Aumento da poboación entre 1950 e 2010
Cales foron os problemas da Revolución Verde?
A pesar de que os beneficios traídos pola mellora agrícola da Revolución Verde son indiscutibles, non todo foron vantaxes, xa que con ela chegaron pr

O uso de pesticidas causa un gran dano ao medioambiente
oblemas moi graves, relacionados coa contaminación en solos e augas a causa, principalmente, do uso de pesticidas e fertilizantes químicos. Sen embargo, foron moitos máis… Ler máis
Os dous problemas máis importantes foron:
- Danos ambientais: A uniformidade na utilización de sementes reduce a biodiversidade e diminúe a resistencia ás plagas. O gran aumento no uso de fertilizantes e pesticidas químicos, provocou a contaminación de diversos tipos e o esgotamento dos terreos que non recuperan todos os seus nutrientes. Por outra banda, a mecanización produxo problemas de compactación do chan e a expansión do regadío provocou problemas como a sanilización dos campos ou o esgotamento dos acuíferos. Ler máis
- Gran cantidade de enerxía empregada: Para mover os tractores e outras máquinas agrícolas precísase combustible. Para construir presas, canales e sistemas de irrigación hai que gastar enerxía, e para fabricar fertilizantes e pesticidas se emprega petróleo. Sóese dicir que a agricultura moderna é un
xigantesco sistema de conversión desta enerxía, petróleo fundamentalmente, en alimentos. Ler máis

Un de cada oito habitantes da Terra pasa fame
Por outra banda, o aumento da poboación neses anos anulou a vantaxe que proporcionaba a agricultura intensiva. Na actualidade, un de cada oito habitantes da Terra pasa fame, é dicir, case 940 millóns de persoas. E, de seguir aumentando a poboación mundial a este ritmo, as cifras continuarán a subir.
En realidade, o problema da fame é un problema de pobreza, pois non é que non haxa capacidade de producir alimentos suficientes, senón que unha parte da poboación mundial non dispón de recursos para adquirilos.
A plaga da pataca
A plaga da pataca é unha epidemia causada pola polilla guatemalteca (Tecia solanivora), que non só destrúe os cultivos de patacas senón que tamén é inocua para a saúde humana, e continúa avanzando por Galicia sen que as medidas «urxentes para a súa erradicación e control» xurdiran efecto.
Actualmente estase convertindo nun grave problema para a agricultura galega, e xa son 31 os municipios polos que se estendeu a cuarentena. Entre eles, Ferrol, Narón, Bergantiños, As Pontes, Ribadeo ou Mondoñedo. Trátase así dun espazo no que o tubérculo se cultiva, principalmente, para o autoconsumo.
Nestes días, a Xunta “ten unha gran preocupación de que a plaga chegue a zonas que son produtoras comercializadoras e sobre todo porque existe unha IXP [indicación xeográfica protexida], Pataca de Galicia, onde si hai moita xente que está vivindo dela”.

Municipios afectados pola plaga da pataca
Que lle pode pasar a agricultura no futuro?
Dentro de corenta anos, cando a poboación mundial chegue a nove mil habitantes, a produción de alimentos debera inclementarse un 70% para satisfacer a demanda social. Un reto díficil a cumprir si se teñen en conta os efectos negativos que xerou o cambio climático na agricultura e o resgo que conleva para a seguridade alimentaria.
Os beneficios de soster a agricultura e adaptala aos cambios do clima son incuestionables: se hai suficiente produción se poderá satisfacer a demanda, os prezos baixarán, máis xente terá acceso aos alimentos e se reducirán os índices de malnutrición. Hoxe 800 millóns de persoas pasan fame, o 11,5% da poboación mundial. Que sucederá cando sexan 9.000 millóns os que habiten o planeta se dende agora non s
e asegura a súa alimentación?
En realidade, e aínda que soe estraño, a actividade humana que máis contribuiu a destruir o entorno natural non é a industria, nin as plantas nucleares, senón a agricultura. A agricultura, tanto a tradicional como as variantes máis industrializadas, é necesaria… E tamén un desastre ecolóxico.
“Un campo cultivado é aquel no que destruimos
a cobertura natural vexetal e a remplazamos por plantas dun único tipo deseñadas para o noso uso ás que defendemos de calquera competencia ou ataque usando todo tipo de medidas mecánicas ou químicas. Dado o aumento da poboación humana […] xa non queda moita terra arable dispoñible: só queda mellorar as técnicas existentes e buscar novas formas de cultivo que non ocupen máis espazo.” Ler máis
A PESCA
Que é a pesca?
A pesca defínese como aquela actividade que se realiza para extraer pescado e/ou outros organismos acuáticos. Pode realizarse en augas continentais ou marítimas. Ancestralmente, a pesca constitúe nunha das actividades económicas máis tempranas de moitos pobos do mundo e supón un factor imprescindible para unha correcta alimentación.
Dacordo con estadísticas da FAO e súas cifras do ano 2010 (publicadas no 2012) o número total de pescadores e piscicultores no mundo estímanse en 54,8 millóns. A mesma estadística indica que o 87% das persoas empleadas no sector pesqueiro se atopan en Asia. Mentres que o crecemento da actividade pesqueira de captura foise detendo ou incluso mostra unha cerca tendencia á diminución, obsérvase un aumento sostido na cantidade de persoas ocupadas na acuicultura.
O pescado, alimento fundamental na dieta
O pescado considérase un alimento básico nunha alimentación saudable, e debemos tomar de dúas a catro racións de pescado por semana, alternando os pescados graxos (azuis) cos magros (brancos). Ademáis, o seu consumo é especialmente importante en embarazados, lactantes e durante períodos de crecemento, como na idade infantil.
O pescado forma parte das tradicións culturais e gastronómicas de moitos países.É un alimento nutritivo, saboroso e moi saudable, e altamente beneficioso para á saúde aportándonos os seguintes beneficios:
- Rico en proteínas de moi alto valor nutritivo aportándonos todos os aminoácidos esenciais necesarios para formar e manter os órganos, tecidos e o sistema de defensa fronte a infeccións e axentes externos.
- Fonte moi valiosa de graxas
“cardiosaudables”, que se atopan principalmente en pescados azuis (atún, arenque, sardina, caalla, salmón, anguila, bonito, etc). - Aporte calórico relativamente baixo polo seu baixo contido en graxas (2-5%), que ademáis son insaturadas, considerándose as graxas máis saudables para nostros organismos.
- Alta presencia de minerais e oligoelementos, necesarios para o bó funcionamento do cerebro e sistema nervioso.
- Rico en vitaminas liposolubles e hidrosolubles, indispensables para o noso organismo, e, en particular, para o crecemento e desenvolvemento.
- Pobre en sodio, polo que se converte en un alimento idóneo para persoas que levan a cabo dietas baixas en sal.
- Fácil de dixerir, se dixire con maior facilidade que a carne. Ler máis
A sobrepesca

A sobrepesca nos nosos días
A sobrepesca consiste na captura da fauna silvestre que habita nas augas, en cantidades demasiado elevadas como para que as especies capturadas podan restablecerse.
Hoxe en día, o comercio internacional do pescado xestiona arredor de 102.000 millóns de dólares ao ano, e o sector da empleo a máis de 35 millóns de persoas a nivel mundial. E, aínda máis importante: nada menos que 1000 millóns de persoas dependen dos peixes como principal fonte de enerxía. Ler máis
Á sobreexplotación pesqueira se suman desafíos como o cambio climático e os crecentes niveis de contaminación dos mares do mundo, que proveñen esencialmente da actividade do home.

Devastadoras consecuencias da sobrepesca
Algunhas prácticas, como a pesca de arrastre, son especialmente dañinas para os ecosistemas, xa que destrúen os fondos marinos de forma indiscriminada. Estes acontecementos rexionais e de carácter aislado, sumamente prexudiciais para a cadea alimentaria, se converteron nun suceso global e de proporcións catastróficas a finais do s XX.
De feito, un estudo sobre os datos relativos ás capturas realizado en 2006 predice que se os índices de pesca se mantiñan constantes, a pesca mundial de todas as especies se desplomaría no ano 2048. Outro dato que ilustra o problema é que, a pesar de que os océanos cubren un 71% do planeta, só un 2% do mar está protexido.
Pero… que lle agarda a este problema no futuro? Moitos científicos afirman que a maioría das especies piscícolas podería repoñerse cunha xestión máis activa da pesca, unha mellor aplicación da lexislación que regula as capturas e un maior uso da acuicultura. Sen embargo, este é un problema que require unha solución de proporcións axeitadas. Ler máis

Técnica da pesca de arrastre, unha das máis dañinas para a biodiversidade mariña
Ademáis, dende o ano pasado, España xa depende do pescado doutros países debido, precisamente, á sobrepesca. É ademais o terceiro país europeo máis consumidor de pescado, cuns 42 kilogramos por persoa, o que representa o doble da media da Unión Europea.
Con estes datos, pódese calcular que tres de cada cinco pescados que se consumen en España proveñen de augas estranxeiras. Estos números son alarmantes, e a situación debe ser remediada con urxencia. Ler máis
Pesca sostenible: un reto posible
Os océanos non poden soportar o ritmo actual da pesca. Para garantizar o futuro da biodiversidade mariña e dos que dependen deste recurso debemos apostar por un modelo de pesca sostenible.
A pesca sostenible é aquela que pode manterse de forma indefinida sen comprometer a viabilidade da poboación da especie obxectivo e sen exercer un impacto negativo sobre outras especies dentro do ecosistema.
Segundo a FAO, debe cumplir os seguintes requisitos:
- Estar xestionada dende unha perspectiva centrada no ecosistema
- Axudar a protexer especies e hábitats sensibles
- Manter as poboacións de todas as especies obxectivo nun nivel saudable
- Empregar métodos de pesca selectivos
- Manter a biodiversidade das outras especies asociada á pesquería
- Minimizar o consumo de enerxía, produtos químicos e residuos
- Operar de maneira social e económicamente xusta e responsable
Na actualidade, moitas iniciativas como GreenPeace están apostando pola pesca sostenible e promovendo o seu uso, traballando para que estos principios se inclúan nas ferramentas xestoras das pesquerías a nivel global.
En resumo, e a pesar de que este modelo non aporte unha rentabilidade equiparable á dunha pesca industrial ou comercial, debemos apostar pola pesca sostenible se queremos preservar os ecosistemas mariños, e a garantizar o futuro da súa biodiversidade.
María Rozados Balboa, 4º C.
Alba Mato Domínguez, 4º A.
Milagros Fernández Sangiao, 4º C.
Guardar