ACCIDENTE DE SÉVESO

ACCIDENTE DE SÉVESO

Séveso é unha localidade situada na provincia de Monza e Brianza, rexión de Lombardía (Italia). Ten unha altitude de 211 msnm e está constituída por 21.000 habitantes; tamén ten unha lonxitude de 7´34 km². O seu nome provén de un río que nace na cidade de Como.

O 10 de xullo ocorreu un accidente industrial nesta localidade que causou moitos danos. Este desastre coñécese como Desastre de Séveso. Este desastre foi un incendio industrial que tivo lugar ás 12:37. Este accidente produciu ao medio ambiente enormes cantidades de Dioxina TCDD. Este desastre foi un pánico total para todos os habitantes de este municipio. Este desastre coñéceno como “Hiroshima de Italia”.

O incendio foi nun dos edificios da fábrica onde se estaba producindo herbicida. Debido a un erro humano, produciuse unha reacción incontrolable. Formouse unha nube que contén moitos gases tóxicos, entre eles TCDD, hidróxido de sodio, glicol, triclorofenato de sodio, que se extendeu nun diámetro de 18 km² arredor da fábrica.

As zonas afectadas dividíronse en 3. A zona A subdividiuse en outras 7 zonas

-Zona A que contaba con 736 residentes. Tiña unha concentración de 50 µg/m² de TCDD

-Zona B que tiña 4700 residentes (aprox.). Tiña unha concentración de entre 5 y 50 µg/m² de TCDD

-Zona C que residían 31800 habitantes (aprox.). Tiña unha concentración de 5 µg/m² de TCDD

CONSECUENCIAS:

  • Varios bebés nacidos uns meses despois do accidente presentaban deformidades.Aqueles que pretenden quitarlle importancia ó accidente din que non poden directamente atribuirse a éste, xa que os bebés que levaban pouco tempo de xestación, que son os máis vulnerables, naceron meses máis tarde sen deformacións.
  • 1.600 persoas foron examinadas, e 417 tiveron a enfermidade cutánea cloracné, causada pola dioxina.
  • 400 mulleres embarazadas de “alto risco” foron sometidas a abortos, ilegais en Italia pero autorizados en circunstancias especiais e debido según uns ó risco de malformacións conxénitas e según outros ó pánico que se apoderou da poboación.
  • O goberno italiano fixo un préstamo especial de 40 billóns de liras, que en xuño de 1978 creceu a 115 billóns.
  • Paolo Paoletti, Director de Producción en Icmesa, foi asasinado o 2 de febreiro de 1980 en Monza pola organización radical esquerdista Prima Linea.
  • A maior parte das compensacións individuais resolvéronse individualmente.
  • O 19 de decembro de 1980 representantes da Rexión de Lombardía e da República Italiana, e Icmesa firmaron un acordo compensatorio, con la presencia del primer ministro de Italia, Arnaldo Fornaldi. O total de indemnización foi de 20 billóns de liras (10,3 millones €).
  • 3 300 animais que foron abandonados foron encontrados mortos, a maior parte coellos e aves de corral que intentaron sobrevivir alimentándose de vexetais contaminados.
  • Para evitar que a toxina entrara na cadea alimentaria, 80 000 animais foron sacrificados.
  • 15 nenos foron inmediatamente hospitalizados por inflamación da piel.
  • Herwig von Zwehl, director técnico de Icmesa, e o doutor Paolo Paoletti – director da producción en Icmesa, foron arrestados. Fixéronse dúas comisións do goberno para establecer un plan para poñer en cuarentena e descontaminar a zona.

 

CONCLUSIÓNS:

As operacións de seguridade por parte dos directores da compañía e do goberno local foron mal coordinadas, e hasta algún extremo, incompetentes. Tardouse unha semana en dicir que a dioxina foi emitida, e outra semana hasta que empezou la evacuación. Moi poucos estudos científicos demostraron o perigo da dioxina hasta o momento, e apenas había regulacións industriais. A poboación local non soubo que facer e sentiuse asustada, sendo unha experiencia traumática para esas pequenas comunidades rurais. Algunhas consecuencias a largo prazo: na época do desastre, moitos científicos aguantaron a posibilidade de unha verdadeira e concreta “epidemia” no área. Hoxe en día, algunhas investigacións científicas din que o número de mortes por cancro mantívose relativamente na mesma media da Brianza (subrexión da provincia de Monza y Brianza, que inclúe a Séveso); pero tales investigacións son contestadas por algúns comités cívicos.


Imaxe de arriba unha zona cortada polo accidente; e abaixo un campo con animais mortos pola contaminación. A de abaixo de todo é un neno que presenta deformidades no organismo a consecuencia da contaminación.

Resultado de imaxes para ACCIDENTE SEVESO
Resultado de imaxes para ACCIDENTE SEVESO

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Impactos. Garda o enlace permanente.